O día das Letras Galegas de 2021 está adicado ao poeta Florencio Delgado Gurriarán. Gurriarán foi militante do Partido Galeguista. Exiliouse en América, colaborou Castelao, e promoveu iniciativas editoriais e radiofónicas.
Con motivo desta conmemoración, recibimos na biblioteca a Serafín Marcos, que presentou o espectáculo Coa ledicia de voltar.
Neste espectáculo, que leva por título un verso de Florencia Delgado Gurriarán, Serfín Marcos achegounos á biografía e obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022 para descubrirnos a súa traxectoria que o fai merecedor deste recoñecemento.
No espazo Maruxa Mallo podedes visitar a exposición de libros escritos e relacionados con Florencio Delgado Gurriarán e co Día das Letras Galegas.
E sendo o Día das Letras Galegas, non podía faltar a música e o baile galego. Os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º, 4º de ESO e 1º de bacharelato de Educación Física puxeron ritmo e alegría a esta data coa celebración dunha foliada. Esta actividade realizouse ao abeiro do Proxecto deportivo de centro, do Plan Proxecta.
A troula comezou no primeiro recreo no SUM onde os mozos e mozas tocaron e bailaron diferentes pezas. No segundo recreo levaron a festa ao patio, onde realizaron e gravaron unha coreografía para a canción Terra, de Tanxugueiras. Se non tivestes oportunidade de gozar da actuación en directo, podedes vela premendo aquí.
Moitos parabéns e moitas grazas a todos e todas pola participación! Mandamos un agradecemento especial ao grupo de música formado polos irmáns Sanjiao de 1º Bac E, as irmás Viñas de 1º Bac E; e Xosé, Noa e Sheila de 3º ESO D. Que non pare a festa da música e o baile galego!
Tamén podedes consultar diferentes enlaces con información sobre a súa vida e obra: Real Academia da Lingua Galega e Consello de Cultura Galega.
No blog de Bibliotecas escolares de Galicia podedes consultar diferentes propostas educativas de centros escolares de Galicia para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán.
Deixámosvos a seguir diferentes vídeos de música en galego que podedes escoitar con motivo do Día das Letras Galegas.
Tanxugueiras: Calquera momento é bo para escoitar o grande éxito das Tanxugueiras, Terra.
Guadi Galego: Sálvora, o tema principal da película La isla de las mentiras.
Tamén podedes ver o vídeo doutra canción de Guadi Galego: Cólico. Gañadora do Certame Ari(t)mar 2021 de música galega e portuguesa.
Abe Rábade presentou o 21 de xaneiro o proxecto audiovisual Piano solo entre árbores.
Kérkennai publicou o vídeo da súa canción Fiestra sobre a cidade.
Laura Lamontagne e DJ Pico Amperio, publicaron un disco no que reinterpretan en versión electrónica a tradición lírica galego-portuguesa. Aquí vos deixamos Avelaneiras floridash
Boyanka Kostova, son os pioneiros da música trap en Galicia. Podedes ver o vídeo da canción Leiraz.
Podedes escoitar o album de Verto titulado Embora, en homenaxe ao Banquete de Conxo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario