No proxecto Patio con(vida), ao abeiro do Proxecto Terra, do Plan Proxecta e en sinerxia con PFPP A cultura da sostibilidade, seguimos coidando das especies autóctonas do eido do IESP de Ames, e continuamos coa catalogación de novas especies. Premendo aquí, podes ver o catálogo online das especies documentadas polo de agora no centro e aloxadas en Inaturalist.
En outono documentamos diferentes especies de cogomelos na zona da fraga do NW e tamén no xardín N. Tamén plantamos dúas especies autóctonas novas, un bidueiro e un amieiro. Agora na primevera documentamos outra nova especie, unha orquidea chamada Serapia en lingua (Serapias lingua), abundante na zona SL do noso eido.
Deixámosvos unha fotografía para que a coñezades e vexades que fermosa é. Tamén incluímos unha fotografía da pradeira natural do S do eido do centro que este curso, a diferenza do anterior, presentou unha menor presencia das plantas documentadas o curso pasado (borraxa, dente de león, pampullo, euforbia, plantago, mentastro) e unha maior proporción de gramíneas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario