O día 28 de xuño celébrase o Día Internacional do Orgullo ou do Orgullo LGBTQ+. Este día celébrase mundialmente en conmemoración da Rebelión de Stonewall de 1969, na que se produciron unha serie de manifestacións espontáneas contra unha redada policial en contra das persoas homosexuais e de diferentes identidades e orientacións sexuais e de xénero.
Esta data serve para visibilizar as reivindicacións das persoas LGBTQI+ e promover as súas reivindicacións de respecto e plena integración na sociedade.
Podedes consultar libros e material audiovisual con temática LGBTQI+ cos que contamos na biblioteca e tamén facer suxestións para a adquisición de novos exemplares que vos resulten interesantes.
Deixámosvos aquí algúns vídeos dos incluídos na lista de cancións relacionadas coa temática LGBTQI+:
Ningún comentario:
Publicar un comentario