O día 16 de marzo os alumnos e alumnas de 1º ESO G da materia de Paisaxe e sostibilidade visitaron o espazo natural das Brañas da Devesa situadas na zona de protección do río Sar na Rede Natura 2000.
Esta visita foi organizada en colaboración co equipo de medioambiente do Concello de Ames e guiada pola técnico de medioambiente Patricia Reboreda.
A saída encádrase nas actividades relacionadas co Día Internacional da Auga, que se celebra o día 23 de marzo e relaciónase co proxecto Patio con(vida) que se está a desenvolver ao abeiro do Proxecto Terra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario