O día 21 de marzo celébrase o Día Internacional da Poesía. Este día vense celebrando desde 1999, cando foi declarado pola UNESCO "co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e aumentar a oportunidade de que se escoiten linguas ameazadas".
Aquí vos deixamos unha escolma poética por se queredes botar unha olladela. Na nosa biblioteca temos unha ampla sección de poesía en galego e castelán onde poderedes atopar todos estes títulos e máis!
Tamén podedes ler poemas no espazo Maruxa Mallo diante da biblioteca coa exposición Chuvia de poemas, cos poemas seleccionados por alumnos e alumnas de 1º de ESO A e B. Esta exposición faise en conxunto coa exposición para o Día Internacional da auga que celebraremos mañá, e de aí o nome, amosando que natureza e poesía tamén van da man.
Animádevos a unirvos á chuvia de poemas engadindo os vosos versos favoritos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario