O 22 de marzo celébrase o Día Internacional da Agua, fixado pola Organización das Nacións Unidas (ONU) para concienciar da importancia da auga e defender a xestión sostible dese recurso.
Co gallo desa celebración, no centro realizamos diferentes actividades. Os alumnos e alumnas de 1º de ESO da materia de Paisaxe e sostibilidade, e de 2º de bacharelato da materia de Xeografía, traballaron durante a primeira e segunda avaliación no coñecemento da auga e a súa problemática actual.
Os alumnos e alumnas da materia de Paisaxe e sostibilidade e Técnicas de laboratorio, así como os alumnos e alumnas da Comisión de observación da natureza do comité climático estiveron traballando no mantemento da charca e na análise da agua e da viva que se está a desenvolver nela.
Podedes achegarvos a algúns dos aspectos do traballo do alumnado visitando a exposición A auga na natureza situada no espazo Maruxa Mallo enfronte da biblioteca. Esta exposición compleméntase coa exposición Chuvia de poemas realizada para celebrar o Día da poesía e tamén inclúe o poema Tormenta, de Carla Crespo, alumna de 1º de bacharelato e gañadora da edición deste ano do Premio Minerva.
Para poñer o ramo a todo este traballo de estudo da auga na natureza e o impacto da actividade humana sobre a auga, a profesora de música Sonia Rohrer impartiu a interesantísima charla titulada A auga na música. Nesta charla, á que asistiron alumnos e alumnas de 1º de ESO, 4º de ESO, 1º de bacharelato e 2º de bacharelato, a profesora Sonia presentou unha selección de obras que ilustran o importante papel da auga como temática da música desde o século XVIII ata a actualidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario