O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, orixinalmente denominado Día Internacionl da Muller Traballadora. Nesta data conmemórase a loita da muller pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro en igualdade co home, e reivindícase esa igualdade, pois aínda non foi conseguida.
O Día Internacional da Muller foi institucionalizado pola ONU en 1977, mais foi creada moito antes, no 1910 pola II Internacional Socialista de Traballadores e Traballadoras, seguindo a proposta de Clara Zetkin, Käte Duncker e Paula Thiede entre outras persoas.
No NL do noso eido podes ver que xa florearon os camelios e un deles ten flores brancas. Sabías que a camelia branca é un símbolo do movemento sufraxista en defensa do dereito da muller ao voto e a súa independencia xurídica e económica? Kate Sheppard, sufraxista de Nova Zelandia, o primeiro país do mundo que obtivo o voto feminino en 1893, foi a que creou o símbolo ao dar unha camelia branca ás persoas que apoiaban a súa causa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario