O día 25 de febreiro, os alumnos e alumnas de 1º ESO G da materia de Paisaxe e sostibilidade participaron nun obradoiro de caixas-niño organizado polo Departamento de medio ambiente do Concello de Ames e impartido pola ONG Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO) Birdlife.
Esta actividade realizouse ao abeiro do programa Patio con(vida) que forma parte do ProxectoTerra dentro do Plan Proxecta+, así como do PFPP do centro A cultura da sostibilidade IV, da Consellería de cultura, educación e universidade.
Gustavo e Encarna, de SEO Birdlife, realizaron unha charla introdutoria na aula para achegar ao alumnado á importancia medioambiental das aves, así como aos perigos que sofren por mor da acción do ser humando no medio.
A seguir, os alumnos e alumnas participaron no obradoiro de construción das caixas-niño que se levou a cabo na aula exterior do fraga NW do centro.
Agradecemos á Concellería de transición ecolóxica e medioambiente e ao Departamento de medioambiente o seu apoio nesta actividade e noutras iniciativas que estamos a desenvolver no eido do centro. Nas fotos a seguir podedes ver a Patricia Reboredo, técnico de mediambiente, e Manuel Lens Cernadas, concelleiro de Transición ecolóxica e medioambiente, participando no obradoiro.
Unha vez finalizadas as caixas-niño, estas foron distribuídas por trece árbores do centro, coa axuda de Gustavo.
Agora só queda agardar que lles sexas útiles ás aves que comparten espazo connosco!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario