10/03/22

Arquitectura viva II

Os alumnos e alumnas de 1º ESO C e G da materia de Matemáticas, mais as alumnas de 2º Bacharelato D da materia de Xeografía realizaron o día 10 de marzo o replanteo da cúpula realizada en maqueta o 28 de xaneiro, no lugar onde se vai construír a cúpula en tamaño real.

O alumnado traballou o tema primeiro na aula e logo sobre o terreo. Aínda que temos que facer algúns axustes, xa está cáseque lista a sinalización no terreo para a construción o vindeiro venres, 18 de marzo.

A seguir podedes ver unhas fotografías que documentan o proceso de traballo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario