O día 23 de abril, celebramos un ano máis o Día Internacional do Libro. Esta celebración foi creada pola UNESCO en 1995 para fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autoría.
Podedes ver unha exposición das últimas novidades bibliográficas no espazo de exposicións Maruxa Mallo en fronte da biblioteca.
Amais diso, para conmemorar este día realizaremos a xa tradicional solta de libros na entrada do centro. Animádevos a botarlle unha ollada. Seguro que atopades máis dun libro que vos guste!
Na foto a seguir podedes ver o equipo de voluntarias da biblioteca xunto co coordinador, con todo preparado para comezar a solta de libros. Máis abaixo, vedes os primeiros lectores e lectoras que visitar o posto de libros.
Tamén poderedes atopar libros libres por diferentes partes do eido do centro nos días nos que non chova. Seredes quen de atopalos?
Ningún comentario:
Publicar un comentario