24/02/22

Aula exterior na fraga NW

Desde o proxecto Patio con(vida) seguimos a traballar para conseguir un eido do centro máis acolledor e sostible.

Tal e como pedistes nas enquisas que realizastes o curso pasado e este curso, temos a intención de colocar mesas en diferentes lugares do patio. 

Comezamos por situar unha mesa na fraga do NW para ver como funcionaba, e ante o éxito decidimos colocar tres mesas máis para crear un espazo multiusos de recreo e de aula exterior.

A intención é que poidamos facer nós as mesas que faltan e situalas nas outras zonas que acordamos. Mentres tanto, desfrutade do espazo común na fraga do NW e, por favor, lembrade contribuír á súa conservación.

Usade as papeleiras e, aínda mellor, levade o lixo que xerades de volta pois, como sabedes, co vento o lixo sae voando das papeleiras e, ademais, recoller todas as papeleiras do eido supón un traballo extra para o persoal de limpeza. Tamén lembrade non estragar as mesas de xeito innecesario, pois unha delas xa ten unha pintada totalmente inapropiada. 

Contamos coa vosa axuda para facer do noso patio un espazo máis sostible social e medioambientalmente!

Ningún comentario:

Publicar un comentario