Hai moitos anos que a música tradicional galega e a súa reinterpretación fusionada con estilos contemporáneos están de moda, como podedes ver en entradas do blog anteriores aquí e aquí.
Mais, desde hai uns meses, cando o grupo Tanxugueiras, presentou a súa candidatura para representar a España no Festival de Eurovisión coa súa canción Terra, a música tradicional galega pasou de estar de moda a ser viral.
Deixámosvos o vídeo da actuación de Tanxugueiras na final do Benidorm Fest no que se elixiu entre as diferentes candidaturas os artistas e a canción que representará a España en Italia. A candidatura das Tanxugueiras non foi a elixida, pero si foi considerada a mellor polo público.
Moitos parabéns ás Tanxugueiras e a quen apoia e vive a cultura galega!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario