Os integrantes de CLC queren destacar a versatilidade da nosa lingua para tratar calquera tema e utilizar calquera estilo musical. Cancións de amor, cancións sobre a igualdade, cancións reivindicativas, cancións humorísticas e calquera cousa que queiramos. Todo se pode expresar e cantar en galego!
Se tes algunha proposta para incluír na nosa escolma, non dubides en enviárnola e engadirémola na listaxe para podermos seguir cantando xuntos en galego!
Ademais da escolma de cancións, o Día das Letras Galegas tamén serviu de inspiración para o acróstico de Paula Viñas e o debuxo de Andrea Pampín que recollemos a seguir:
Galego sempre
Galego, letras galegas.
Antes, agora e despois, podes velas.
Lonxe, preto, de ti están cerca.
Eran, son e serán a túa lingua.
Galego, sempre, persoa, idioma.
Onte, hoxe e mañá, á túa beira.
Só, acompañado, non teñas vergoña.
Eres galego, e a moita honra.
Morriña, si, de estar galego.
Podes falalo sen medo.
Ri, chora, faino en galego.
Eres galego, e a moita honra
Paula Viñas. Alumna de 2º ESO E e integrante de CLC
Andrea Pampín. Alumna de 2º ESO E e integrante de CLC
Escolma de cancións
Negro caravel. Versión de Sabela e Rosa Cedrón do poema Caravel Negro, de Rosalía de Castro.
Como eu canto, de Ses
Un día, versión musicada do poema de Celso Emilio Ferreiro, por Son Trío
Cantiga da montaña, de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. Con vídeo gravado en Pontemaceira!
O meu mundo é, de Brinca Vai!
A palabra ten vida, tamén de Brinca Vai! Un xeito divertido de aprender sobre as letras galegas e os escritores e escritoras máis sobranceiras. O vídeo foi feito polo profesorado e alumnado do CEIP Antonio Pedrosa Latas.
Préndeme o boi, a parodia da canción Duele el corazón, de Enrique Iglesias, creada por Páramo Pictures.
E isto é amor, de Caxade
Matriarcas, de Guadi Galego.
E para rematar, música e danza, tradición e actualidade, coa escola de danza viguesa Media Punta interpretando a coregrafía Galicia. A Muiñeira de Chantada, de Avelino Cachafeiro, reinterpretada a ritmo de Hip Hop.
Ningún comentario:
Publicar un comentario