Foi membro do
Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de
Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela,
numerario da Real Academia Galega.
Tamén foi membro de honra da Associaçom Galega da Língua e é considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, que é unha corrente que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou do galego-portugués.
Tamén foi membro de honra da Associaçom Galega da Língua e é considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, que é unha corrente que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou do galego-portugués.
O antigo profesor do noso instituto, Fernando Sainz, fixo unha emotiva reseña de Carvalho Calero no Facebook de Ames Radio que podedes escoitar aquí.
Podedes consultar información sobre Ricardo Carvalho Calero neste enlace do Consello da Cultura Galega.
A Real Academia da Lingua Galega ofrece a serie Unha palabra para Don Ricardo, no que cada día do mes das Letras Galegas diferentes persoas da cultura galega relacionadas con Ricardo Carvalho Calero ofrecen unhas minipezas audiovisuais que conforman un retrato colectivo do autor homenaxeado este ano. Podedes ver estas minipezas a través da web e das redes sociais da RAG así como na RTVG. Deixámosvos aquí un par de exemplos:
No 2010 a AGAL e Komunicando celebrou un certame musical titulado Musicando Carvalho Calero no que se seleccionaron 16 adaptacións musicais dos versos de Carvalho Calero. Podedes escoitar os diferentes temas premendo aquí. A seguir deixámosvos algúns dos temas dos que hai vídeo dispoñible:
María Silencio, de A Minha Embalada
Tenho unha dor, de Dous na Fronteira
Nom sei se matei, de Ruxe-Ruxe
Luisa Sorriso, de The Teta's Van
Afastado de Vénus, de Milhomes
Bibliotecas Escolares reúne no seu sitio web unha morea de actividades e enlaces para saber máis sobre Ricardo Carvalho Calero. Podes acceder á información premendo aquí. Desde os centros educativos tamén se lle rendeu homenaxe a Carvalho Calero con vídeos como estes:
Telexornal Carvalho Calero. Realizado polo CPI dos Dices, de Rois
Carvalho Calero. Día das Letras Galegas 2020. Realizado polo IES de Arzúa
Ningún comentario:
Publicar un comentario