O martes, 30 de novembro, os alumnos e alumnas de 1º ESO de Paisaxe e sostibilidade e Hábitos saudables participaron nun obradoiro de cartografía titulado Mapas divertidos, que pretende achegar a cartografía aos máis novos e novas. Estes obradoiros foron impartidos por Álex e Alejandro, de Tysgal Consultores, en colaboración coa Facultade de Xeografía e Historia da USC e Tysgal consultores.
No obradoiro os alumnos e alumnas traballaron con fotografía aérea antiga e recente, e sobre esta última realizaron unha análise espacial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario