02/12/21

Exposición sal e azucre

Podedes visitar no espazo Maruxa Mallo en fronte da biblioteca a exposición Sal e azucre no que se exponen os resultados da investigación realizada polos alumnos e alumnas de 4º ESO de Ciencias Aplicadas a Actividade Profesional

Os alumnos e alumnas estudaron cantidades recomendadas diarias pola Organización Mundial da Saúde (OMS) de consumo de sal e azúcre e os perxuizos de superar esas cantidades para a saúde e, a continuación, analizaron as cantidades de sal e azucre presentes en alimentos que adoitan consumir ao longo do día.



Na exposición pódense visualizar as cantidades de sal e azucre de cada un dos alimentos analizados, co obxctivo de que o alumnado se dea conta do que realmente come e do importante que é diminuir ou eliminar este tipo de alimentos da súa dieta e achegarse a unha alimentación máis saludable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario