02/11/21

XII Día da ciencia en galego

O 4 de novembro celébrase o Día da ciencia en galego, aínda que a conmemoración tamén se prolonga ao longo de todo o mes de novembro. Esta celebración pretende poñer en valor o uso do idioma galego no ámbito científico e contribuír a promover a investigación desenvolvida na lingua propia de Galicia. 

Este ano, o Día da ciencia en galego está adicado ao matemático británico Alan Turing e a xenetista galega Tarsy Carballas. A temática da celebración deste ano é a economía creativa para o desenvolvemento sostible, a IA e os novos poliedros.


Premendo nesta ligazón podedes ver diferentes vídeos de divulgación científica do profesor Xacobo de Toro. 

Xa podedes visitar a exposición sobre libros de ciencia en galego que se situará no espazo Maruxa Mallo.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario