04/10/21

Paseando por Nova York desde a biblioteca

Apetecévos un paseo por Nova York? Agora xa podedes facelo sen movervos da biblioteca co libro New York in Stride. An insider's walking guide, de Jessie Kanleos e Jacob Lehman. 

 Este libro acaba de chegar dos Estados Unidos traído por Melina Domínguez, a auxiliar de conversa de este curso, que o doou para os fondos da biblioteca para que toda a comunidade educativa poida desfrutalo.

Moitas grazas Melina! E animádevos todos e todas a viaxar coa imaxinación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario