01/10/21

Día Internacional das persoas de idade

O 1 de outubre celébrase o Día internacional das persoas de idade, anciáns e anciás, e como dicimos en galego, vellos e vellas, sen que implique ningún matiz despectivo. 

Esta data foi establecida polas Nacións Unidas en 1990 para sensibilizar á poboación sobre problemas que afectan á poboación anciá tales como a senescencia, a soidade ou o maltrato. 

Tamén é un día para homenaxear ás contribucións á sociedade feitas polos anciáns e anciás tanto ao longo da súa vida como na etapa da súa vellez.

Desde a biblioteca do centro mandamos os nosos parabéns por este día e o máis sincero agradecemento pola súa valiosa contribución ano tras ano á aprendizaxe xeracional, compartindo cos seus netos e netas, alumnos e alumnas do centro os seus coñecementos e sabedoría como parte diferentes proxectos de investigación. Moitos parabéns e moitas grazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario