Acaba de publicarse o libro Mapa sociolingüístico escolar de Ames, escrito por Henrique Monteagudo, Lidia Gómez e Gabino Vázquez, e publicado pola Real Academia Galega (RAG).
Segundo o que recolle a RAG no seu sitio web: "Este traballo ten como obxectivo proporcionar unha visión da situación sociolingüística nos centros educativos de todas as etapas do concello de Ames, empregando distintas metodoloxías de investigación e integrando a visión dos diferentes axentes sociais implicados. A investigación sobre as dinámicas sociolingüísticas nos ámbitos escolares revélase como unha ferramenta imprescindible non só para comprender mellor a realidade das linguas e as transformacións que están experimentando, senón para implementar políticas lingüísticas eficaces que garantan un futuro florecente para o galego".
Esta ligazón ofrece un resumo do estudo que revela o retroceso do número de persoas galegofalantes ao longo das etapas educativas.
Xa podemos consultar o libro na biblioteca para aprendermos máis sobre o uso que facemos da nosa lingua e podermos contribuir activamente a que siga viva!
Ningún comentario:
Publicar un comentario