O 24 de outubro, celébrase o Día das bibliotecas. Desde o 2019, as bibliotecas teñen o lema Aptas para todos os públicos. O lema deste ano 2021 é Bibliotecas: ler, aprender, descubrir, que busca destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento.
O día das bibliotecas é un bo momento para achegarnos á lectura e coñecemento en todas as súas manifestacións e formato, tanto desde as aulas como na propia biblioteca que, lembrade, este curso volve estar aberta a toda a comunidade educativa.
Desde a biblioteca do centro recomendamos facer lecturas de fragmentos de diferentes obras relacionadas co mundo das bibliotecas como: Medio pan y un libro, de Federico García Lorca; El infinito en un junco, de Irene Vallejo; Un mundo de palabras, de Agustín Fernández Paz; Movida na biblioteca, de Josep Gregori; Metamorfosis de la lectura, de Roman Gubern, Douche a miña palabra, de Fran Alonso, e moitos máis que podedes atopar na biblioteca.
Se preferides ver unha película, recomendámosvos La librería, de Isabel Coixet.
Non dubidedes en facernos chegar calquera recomedación que teñades e procuraremos que estean dispoñibles para todos e todas na biblioteca.
Xa podedes visitar a exposición de novidades bibliográficas e audiovisuais no espazo Maruxa Mallo fronte a biblioteca. Non esquezades visitala!
Ningún comentario:
Publicar un comentario