08/10/21

Contando e danzando contos

O venres, 8 de outubro, inauguramos o ciclo de actividades no centro coa presentación do libro Erika y la danza, escrito por Fátima Moreno e ilustrado por Zarva BarrosoEsta actividade realizouse ao abeiro do lema das bibliotecas escolares deste curso: A biblioteca ten a palabra, e tamén se enmarca nos proxectos Terra e Educación Patrimonial, ambos dentro do Plan Proxecta que estamos a desenvolver no centro

A actividade tivo lugar no SUM (salón de usos múltiplos) e nela participaron 1º ESO G, 2º ESO G, 3º ESO F e 4º ESO B.

A autora do libro, Fátima Moreno, bailarina, profesora de danza e investigadora en danza educativa, contounos a historia e compartiu connosco o seu proceso creativo. A lectura estivo acompañada por unha interpretación danzada do conto a cargo da bailarina Ainhoa Linaza.





Ningún comentario:

Publicar un comentario