O día 18 de outubro celébrase o Día das escritoras. Esta é unha data para promover e recuperar o legado das escritoras, visibilizar o seu traballo literario e combater a discriminación histórica.
A conmemoración xurdiu en 2016 por iniciativa da Biblioteca Nacional de España, da Asociación Clásicas e Modernas e da Federación Española de Mujeres Ejecutivas, Directivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE). Esta conmemoración ten lugar no día lectivo máis próximo ao día15 de outubro, que é a data de falecemento de Tareixa de Ávila, tomada como exemplo de muller escritora.
Algunha das actividades que se propoñen para conmemorar este día é realizar lecturas de fragmentos de obras de autoras contemporáneas en diferentes linguas.
Animádevos a tomar prestados libros de escritoras dispoñibles na biblioteca e a participar activamente nesta conmemoración!
Ningún comentario:
Publicar un comentario