Como parte do proxecto Patio con(vida) realizado ao abeiro do Proxecto Terra (dentro do Plan Proxecta) e o Programa O IESP de Ames: un espazo sostible e seguro (dentro do PFPP) imos realizar un estudo fenolóxico de catro especies vexetais do centro: Castanea sativa (castiñeiro), Quercus robur (carballo), Fraxinus excelsior (freixo) e Salix atrocinera (Salgueiro). O castiñeiro localízase na zona NL do xardín do N, o freixo está na pequena fraga do NW, o salgueiro atópase ao SW do eido, e analizaremos dous carballos, un situado no xardín N e outro no SW do eido.
O estudo fenolóxico realizarase en colaboración co Departamento de medioambiente do Concello de Ames. Para iso contamos coa axuda de Patricia Reboredo, técnica de mediambiente. Patricia impartiu unha charla o 26 de outubro e o 9 de novembro fixo unha práctica co alumnado de 1º ESO G sobre como realizar a observación e documentación semanal dos cambios das árbores. Ela será tamén a encargada de sistematizar os datos entregados polos alumnos e alumnas trimestralmente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario