27/09/21

Día Europeo das linguas

O 26 de setembro celébrase  o Día Europeo das Linguas (DEL). Esta data foi creada Consello de Europa en 2001, como unha iniciativa para poñer en valor o multilingüismo do Consello de Europa, que representa a 800 millóns de cidadáns de 47 países.

Na súa celebración participan numerosas institucións e asociacións con intereses culturais e lingüísticos, así como universidades e centros escolares. 

A celebración do Día europeo das linguas ten os seguintes obxectivos: (1) Preservar e potenciar a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa. (2) Promover a aprendizaxe permanente de linguas tanto no ámbito escolar como fóra del para capacitar profesionalmente coma tamén para a súa aprendizaxe para o lecer. (3) Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de linguas que se aprenden co obxecto de incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural. (4) Coa ocasión deste día, organízanse unha gran variedade de evento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario