07/10/21

A biblioteca dá a benvida ao novo alumnado

Como cada curso, os alumnos e alumnas que comezan 1º ESO realizaron unha visita á biblioteca do centro para coñecela, seren informados do seu funcionamento e de todas as actividades que nela se realizan.

Dámosvos a benvida e agradecemos todas as boas ideas que xa achegastes e a vosa boa disposición para formar parte do equipo de voluntariado da biblioteca. 

Feliz curso e que desfrutedes moito da vosa biblioteca!

Ningún comentario:

Publicar un comentario