Despois do éxito da actividade Mensaxes a través do tempo durante o confinamento, decidimos repetila de novo este curso, novamente ao abeiro do proxecto Educación Patrimonial, do Plan Proxecta, tanto en 3º de ESO como en 4º de ESO da materia de Xeografía e Historia.
Unha vez máis, os alumnos e alumnas fixestes unhas excelentes recreacións dos retratos históricos e botastes a voar a imaxinación creando cartas entre personaxes da Idade Moderna e da época contemporánea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario