Hoxe rematamos este curso marcado polo protocolo de adaptación á situación de pandemia de Covid-19. Moitos parabéns a todos e todas!! Conseguimos levar adiante o curso nestas condicións tan difíciles e seguir lendo, aprendendo, facendo moitas actividades interesantísimas e mantendo altos os ánimos! Se queredes refrescar a memoria de todo o que fixemos podedes consultar a memoria de actividades da Biblioteca e a memoria de Club de lectura no apartado Sobre nós.
Chegou o tempo do merecido descanso e un curso máis as bibliotecas de todos os centros escolares preparáronvos unhas recomendacións de lectura para o verán. Deixámosvos a imaxes das lecturas recomendadas para o alumnado de secundaria e bacharelato e nesta ligazón podedes ver a guía completa.
Moitos parabéns polo traballo e aprendizaxe deste curso e moi feliz verán de lecturas!! Ata setembro!
Recomendacións de lectura para alumnos e alumnas da ESO, FP e Bacharelato |
Ningún comentario:
Publicar un comentario