O derradeiro día de clase levouse a cabo a clausura por este curso o proxecto O IESP de Ames un espazo sostible e seguro cun acto de agradecemento aos alumnos e alumnas que traballaron no proxecto.
O acto tivo lugar na fraga do NW do eido e nel a directora, Marisol Louro, agradeceu o traballo do alumnado e entregou a cada alumno e alumna participantes un ecovaso reutilizable.
Durante este curso leváronse a cabo moitas iniciativas para mellor a sostibilidade do centro e xa temos moitas ideas para o vindeiro curso. Anímate a participar! Agardámoste en setembro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario