21/06/21

Feliz solsticio de verán 2021!!

Como actividade de clausura do curso, os alumnos e alumnas uniron natureza e tradición na celebración do soslticio de verán. Como sabedes, o solsticio de verán é o momento no que o semieixo da Terra, xa for no hemisferio norte ou no sur, está máis inclinado cara ao Sol. No hemisferio Norte, onde vivimos nós, isto sucede entre o 20 e o 22 de xuño. 

Este momento do ano foi celebrado desde a Prehistoria como inicio da temporada de colleitas. Coa chegada do cristianismo o solsticio de verán pasou a ser identificado coa noite de San Xoán.

Os alumnos e alumnas de 3 e 4 de ESO identificaron sete das plantas que se usan tradicionalmente para celebrar o solsticio de verán, coñecidas como herbas de San Xoán, e seguindo a tradición puxéronnas en remollo durante a noite baixo a luz da lúa. 

Ao principio cinguímonos á sete plantas identificadas como tradicionais, pero logo botamos a voar a imaxinación e combinamos as plantas que máis chamaron a atención dos diferentes grupos, polo que saíron uns ramalletes do máis personalizados!




As fotos a seguir ilustran o proceso de recollida das herbas. Podedes ver o resultado na biblioteca do centro.




Mañá comprobaremos o resultado: seguro que teremos un auga arrecendente, malia non poder desfrutar moito o arrecendo por mor das máscaras!

Ningún comentario:

Publicar un comentario