Finalizamos por este curso a investigación no noso centro no marco do proxecto Patio con(vida) a convivir ao abeiro do Proxecto Terra e do Proxecto Educación Patrimonial, ambos os dous dentro do Plan Proxecta, do PFPP do centro O IESP de Ames: un espazo sostible e seguro, e da temática das bibliotecas escolares deste curso: Xeografías lectoras na biblioteca escolar.
Tamén damos por concluída por este curso a observación que estaban a facer os alumnos e alumnas de 3º de ESO A e C das aves que vemos ou ouvimos no centro e desde o centro. Ofrecémosvos aquí os resultados polo de agora cun total de 22 especies ouvidas ou vistas:
Garza real (Ardea cinerea), Miñato común (Buteo buteo), Pombo torcaz (Columba palumbus), Bubela (Upupa epops), Peto verdeal (Picus viridis), Lavandeira branca (Motacilla alba), Carrizo (Troglodytes troglodytes), Paporrubio común (Erithacus rubecula), Rabirrubio común (Phoenicurus ochruros), Merlo común (Turdus merula), Ferreiriño azul (Cyanistes caeruleus), Ferreiro abelleiro (Parus major), Ferreiriño subeliño (Aegithalos caudatus), Gabeador común (Certhia brachydactyla), Pega marza (Garrulus glandarius), Corvo pequeno (Corvus corone), Estorniño negro (Sturnus unicolor), Pardal común (Passer domesticus), Pimpín común (Fringilla coelebs), Verderolo común (Carduelis chloris), Xílgaro (Carduelis carduelis), Xirín (Serinus serinus).
Fotografías tomadas de Wikipedia, xa que polo de agora non dispomos de fotografías de aves con calidade abonda. |
Case a totalidade destas aves son sedentarias, agás a Garza real (Ardea cinerea), que é invernante, polo que seguramente xa non a volveremos ver ata o vindeiro ano, e a Bubela (Upupa epops), que é a primeira ave estival que chegou ao noso centro. Agardamos ver proximamente a Andoriña común (Hirundo rustica).
Tedes interese en observar, documentar, coidar dos paxaros e desfrutar deles? Unídevos ao grupo de observación da natureza do centro! De momento deixámosvos unhas pistas de onde poder velos, sempre en silencio e sen molestalos!
No bosquete do NW do centro podedes ver o Pombo torcaz (Columba palumbus), Carrizo (Troglodytes troglodytes), Paporrubio común (Erithacus rubecula), Rabirrubio común (Phoenicurus ochruros), Merlo común (Turdus merula), Ferreiriño azul (Cyanistes caeruleus), Ferreiro abelleiro (Parus major), Ferreiriño subeliño (Aegithalos caudatus), Gabeador común (Certhia brachydactyla), Pardal común (Passer domesticus) e o Pimpín común (Fringilla coelebs).
No xardín N e NL adóitase ver Pombo torcaz (Columba palumbus), Paporrubio común (Erithacus rubecula), Rabirrubio común (Phoenicurus ochruros), Merlo común (Turdus merula), Pega marza (Garrulus glandarius), Pardal común (Passer domesticus) e Verderolo común (Carduelis chloris).
Nos salgueiros do W podedes desfrutar de Paporrubio común (Erithacus rubecula), Merlo común (Turdus merula), Ferreiriño azul (Cyanistes caeruleus), Ferreiro abelleiro (Parus major), Corvo pequeno (Corvus corone), Pardal común (Passer domesticus) e Xílgaro (Carduelis carduelis).
No carballo situado ao SW podedes ver e escoitar Paporrubio común (Erithacus rubecula), Rabirrubio común (Phoenicurus ochruros), Merlo común (Turdus merula), Corvo pequeno (Corvus corone), Estorniño negro (Sturnus unicolor), Pardal común (Passer domesticus), e Xirín (Serinus serinus).
Nas tuias xigantes do S do campo do fútbol agóchanse grupos de Paporrubio común (Erithacus rubecula) e Rabirrubio común (Phoenicurus ochruros).
No campo de fútbol podedes ver adoito Lavandeira branca (Motacilla alba) e se tedes moita, moita sorte Bubela (Upupa epops).
Desde o W do instituto podedes ouvir o Peto verdeal (Picus viridis), e desde o S o Miñato común (Buteo buteo). Os cables e torre de alta tensión son un lugar acolledor para os Estorniños negros (Sturnus unicolor), e en inverno, con moita sorte, podedes ver pasar a Garza real (Ardea cinerea).
Ningún comentario:
Publicar un comentario