O día 20 de xuño celébrase o Día Internacional das Personas Refuxiadas, unha conmemoración creada pola ONU para honrar ás persoas refuxiadas de todo o mundo. Esta conmemoración estableceuse o 20 de xuño de 2001 en recoñecemento do 50 aniversario da Convención sobre o Estatuto dos Refuxiados asinada en 1951.
Este día busca recoñecer a fortaleza dos refuxiados que tiveron que fuxir de conflitos nos seus países en busca dunha vida e un futuro mellor e concienciar á poboación sobre a súa situación e a necesidade de establecer vínculos de solidariedade entre os seres humanos.
O número de persoas desprazadas forzosamente supera xa os 80 millóns, dos que 26 millóns son refuxiados e segue en aumento segundo datos da ACNUR de 2020.
Deixámosvos a seguir unhas cancións sobre a situación dos refuxiados que deixan ver a dramática situación que están a vivir persoas con inquedanzas, sentimentos e soños, coma nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario