14/06/21

Arte no eido do centro

O eido do noso centro foi fonte de inspiración durante o curso todo para diferentes traballos na materia de Educación Plástica

Ao abeiro do proxecto Patio con(vida) do Proxecto Terra e do Proxecto de Educación Patrimonial, ambos dentro do Plan Proxecta, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de bacharelato realizaron traballos de Land Art, crearon esquemas compositivos e mandalas, realizaron traballos de ritmo, levaron a cabo traballos de estampación con follas e realizaron debuxos do natural.

Premendo nesta ligazón podedes ver debuxos do natural e a seguir deixámosvos un exemplo do traballo realizado cun elemento moi coñecido do noso eido: as laranxas do laranxeiro situado na zona Leste do eido. 


Podedes ver exemplos de debuxo realista do natural, debuxo científico, ilustración infantil, deseño dun logo, deseño dunha camiseta e creación dunha laranxa utilizando só un folio de cor e as mans. A que non imaxinabades que se podían facer tantas cousas cunha laranxa?






Ningún comentario:

Publicar un comentario