A comisión de observación da xestión do lixo no centro, creado dentro do Comité climático do centro, clausurará o día 7 de xuño a súa actividade durante o curso 2020-2021, con moitos proxectos xa en mente para desenvolver no vindeiro curso.
No seu traballo deste curso, a comisión realizou unha obserevación do comportamento do alumnado en relación ao lixo e unha posterior campaña de concienciación para o alumnado de 1º e 2º de ESO. Contámosvos a seguir o proceso máis polo miúdo.
O día 13 de abril comezou o traballo da comisión cunha campaña de limpeza do xardín dos rododendros situado entre o edificio principal do centro e o anexo occidental.
Antes de comezar a limpeza documentamos o lixo existente, dividido principalmente en envoltorios de snacks e material escolar guindado desde as ventás das aulas que dan ao xardín.
Tras documentar o lixo existente os integrantes da comisión levaron a cabo a limpeza do espazo:
E, finalmente, documentaron o resultado. O esforzo pagou a pena. A que quedou moito mellor?
Despois da campaña de limpeza o equipo documentou semanalmente o estado do xardín durante dúas semanas e observaron un aumento do lixo, sobre todo de material escolar procedente das aulas. A observación do tipo de lixo volveu confirmar o concluído anteriormente no estudo feito polos alumnos e alumnas de 3º ESO de que non se trata dun problema de falta de papeleiras, pois hai unha ao lado do xardín e a maior parte do lixo chega ao xardín desde as ventás das aulas.
Cando rematou o período de observacións e para concluír o seu traballo deste curso, os alumnos e alumnas realizaron unha campaña de información e concienciación do alumnado de 1º e 2º de ESO visitando e informando individualmente a cada un dos grupos de cada curso. Podedes consultar a
presentación que usaron para a campaña e poñer a proba os vosos coñecementos sobre o cambio climático co
test que elaborou a comisión.
Moitas grazas polo excelente traballo, equipo, e vémonos para o vindeiro curso para seguir contibuíndo para conseguir un centro máis sustentable!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario