15/06/21

Actividades para o Mes do Orgullo

O día 28 de xuño celébrase o Día Internacional do Orgullo ou do Orgullo LGBTQ+. Este día celébrase mundialmente en conmemoración da Rebelión de Stonewall de 1969, na que se produciron unha serie de manifestacións espontáneas contra unha redada policial en contra das persoas homosexuais e de diferentes identidades e orientacións sexuais e de xénero.

Esta data serve para visibilizar as reivindicacións das persoas LGBTQI+ e promover as súas reivindicacións de respecto e plena integración na sociedade.

Para visibilizar este día, o día 11 de xuño no segundo recreo, varios alumnos e alumnas de 2º de ESO leron un manifesto na entrada principal do centro en apoio ao colectivo LGBTQI+.


Varios alumnos e alumnas de 4º de ESO están a realizar tamén diferentes actividades ao longo do mes de xuño para difundir a diversidade e o respecto, como a colocación de pequenas bandeiras por diferentes lugares do instituto, e a colocación de carteis informativos que de seguro xa vistes. 

Para pechar o Mes do Orgullo, o primeiro e segundo recreos do venres, 18 de xuño, as alumnas colocarán unhas mesas informativas en apoio ao colectivo LGBTQI+ na entrada principal do centro, colocarán un mural reivindicactivo, repartirán pulseiras e pegatinas e realizarán pinturas nas mans.

O grupo xa percorreu as aulas do centro para informar da celebración desta conmemoración e animando á comunidade educativa de que o venres usemos cores no noso vestiario e accesorios. Ao tratarse dunha conmemoración en tempo de Covid-19, lembrámosvos que debemos ser prudentes, limitar a actividade á duración dos recreos e respectar os protocolos da pandemia en todo momento.

Deixámosvos unhas imaxes para que poidades ver como o grupo está a traballar arreo para ter todo perfecto para a conmemoración de mañá. Moitos ánimos!

 

E chegou o día da conmemoración e foi un éxito absoluto!!! Longuísimas ringleiras de alumnos e alumnas, profesores e profesoras e outros membros da comunidade educativa foron atendidos polo equipo, que repartiu pulseiras, adhesivos e pinturas de mans con bandeiras relacionadas co colectivo LGBTQI+. 

Tal foi o éxito, que o equipo vai repetir a actividade o vindeiro luns, 21 de xuño, no primeiro e segundo recreo, para asegurarse de que ninguén queda sen o seu recordo da conmemoración.





A convocatoria do día 21 volveu sen un éxito, e o equipo preparou novas sorpresas para a comunidade educativa. Como novidade todos os participantes fixeron un mural colectivo deixando a pegada das súas mans en distintas cores. Aquí podedes ver o resultado:




O grupo preparou unha playlist con cancións relacionadas con temática LGBTQI que podedes consultar aquí. Deixámosvos aquí algúns vídeos dos incluídos na lista de cancións do anterior enderezo:










Ningún comentario:

Publicar un comentario