21/05/21

Exposición sobre memoria histórica

O día 21 de maio, coincidindo co Día mundial da diversidade cultural para o diálogo e o desenvolvemento, inauguramos a exposición Memoria histórica. Desde 1936 ata o presente, preparada polos alumnos e alumnas de 4º ESO da materia de Historia Contemporánea. 

Esta exposición reúne publicacións recentes dispoñibles na biblioteca do centro sobre a Guerra Civil Española, a Segunda Guerra Mundial, a Guerra Fría e as consecuencias destes conflitos na actualidade. Ademais amosa diferentes obxectos relacionados con este período de 1936 ata a actualidade, cunha pequena explicación preparada polo alumnado. 

Animádevos a visitar a exposición, pedir na biblioteca os libros que vos interesen e tamén contribuír, se vos apetece, con obxectos do voso patrimonio persoal ou información sobre eles. Todas as contribucións son benvidas!!

Tamén presentamos os resultados da investigación feita o curso pasado Pasando a remuda da memoria histórica. Preme aquí se queredes ver a información.

Ningún comentario:

Publicar un comentario