21/05/21

Coidemos os océanos!

O noso acuario, que levaba baleiro un ano, ten nova vida! Os alumnos e alumnas de 3º ESO de PMAR das materias de Ciencias Naturais e Educación Plástica crearon unha espectacular instalación coa que se quere concienciar á comunidade educativa da contaminación dos océanos e a necesidade de cambiar a nosa actitude en relación ao medio ambiente.

Podedes ver o acuario na entrada principal do instituto. Animádevos a participar activamente para conseguir que os océanos volvan estar limpos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario