Para axudar ao alumnado a reconstruír a historia do centro tivemos a honrar de contar coa visita de Fernando Sáinz, profesor do centro durante vinto anos, que ademais foi o primeiro director do instituto e permaneceu neste cargo durante 10 anos.
Fernado falou sobre as modificacións realizadas no edificio relacionadas co aumento do número de alumnos e alumnas no centro e tamén deu conta da transformación da oferta educativa desde a ESO no momento da súa inauguración ata incluír tamén o bacharelato e posteriormente a FP.
Ningún comentario:
Publicar un comentario