20/05/21

Exposición sobre Emilia Pardo Bazán

Para conmemorar o centenario da morte da excelente escritora Emilia Pardo Bazán, o día 12 de maio inaugurouse unha exposición sobre a autora. 

A exposición, dirixida polas profesoras Carmen Prados (Departamento de Lengua Castellana) e Renata Otero (Departamento de Educación Plástica), incúe libros da autora e sobre a autora  e diferentes ilustracións realizadas polos alumnos e alumnas da materia de Educación Plástica que teñen por temática a vida e obra de Emilia Pardo Bazán.

Ademais, xa podedes consultar a Unidade Didáctica que vén de publicar a Consellería de Educación tanto na súa versión en castelán como en galego.

Non deixedes de visitar esta interesante exposición situada no espazo na zona Leste do Espazo Maruxa Mallo!




Ningún comentario:

Publicar un comentario