O día das Letras Galegas de 2021 está adicado á poeta Xela Arias. Xela Arias é a quinta escritora á que se lle adica este día desde que se creou esta celebración en 1963.
Como xa publicamos nunha entrada anterior do noso blog, o IESP de Ames resultou gañador do Concurso-Exposición Letras Galegas 2021 adicado a Xela Arias, convocado pola Xunta de Galicia, na categoría de centros e niveis educativos de ESO, Bacharelato, FP e Educación Especial.
Xa podedes visitar a exposición presencialmente no espazo Maruxa Mallo, no segundo andar, fronte á biblioteca, ou dixitalmente premendo nestas ligazóns para ver os carteis da exposición e a guía didáctica que os acompaña. Tamén podedes escoitar a entrevista realizada polo Diario Cultural da Radio Galega a Iria do Pazo e Nerea Viqueira, alumnas do equipo premiado.
Nesta ligazón podedes ver o testemuño de Fernando Sáinz, antigo profesor do IESP de Ames, sobre Xela Arias, da que foi profesor.
Podedes aprender máis sobre esta fascinante e comprometida autora premendo nestas ligazóns: Entrevista en 1990 de Manuel Rivas, artigo de 2013 en Brétemas, artigo de 2014 en Faro de Vigo, artigo en Nós Diario. Podedes consultar máis información sobre Xela Arias no Portal da lingua galega sobre Xela Arias
Entre o material audiovisual dispoñible sobre a autora, destacamos o documental sobre Xela Arias, titulado Xela Arias, poeta nas marxes, dirixido por Beatriz Pereira, así como o documental Xela e a palabra, de Illa Bufarda. Tamén podedes ver a serie de seis episodios do documental Xela Arias: A palabra esgazada, preparada pola Real Academia Galega. Aquí vos deixamos o teaser do documental Xela Arias, poeta nas marxes; e o vídeo Xela e as palabras:
A banda da loba vén de publicar a canción Intempériome en homenaxe a Xela Arias. A seguir podedes ver o vídeo:
Deixámosvos a seguir diferentes vídeos de música en galego que se foron publicando durante este ano:
Abe Rábade presentou o 21 de xaneiro o proxecto audiovisual Piano solo entre árbores.
Kérkennai publicou o vídeo da súa canción Fiestra sobre a cidade.
Laura Lamontagne e DJ Pico Amperio, publicaron un disco no que reinterpretan en versión electrónica a tradición lírica galego-portuguesa. Aquí vos deixamos Avelaneiras floridash
Boyanka Kostova, son os pioneiros da música trap en Galicia. Podedes ver o vídeo da canción Leiraz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario