22/04/21

Día Internacional do libro

O día 23 de abril, celebramos un ano máis o Día Internacional do Libro. Esta celebración foi creada pola UNESCO en 1995 para fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autoría.

Desde a biblioteca propoñémosvos unha actividade para celebrar o Día Internacional do Libro en consonancia co lema das bibliotecas escolares Xeografías lectoras e co proxecto Patio con(vida) de uso sotible do noso patio: 

A actividade consiste en que fagades un retrato lendo un libro da vosa elección  nun lugar que vos guste do patio. Cando teñades a fotografía só tedes que mandala ao correo electrónico da biblioteca. Con todas as fotografías que recollamos elaboraremos un vídeo cooperativo. 

Animádevos a participar!!! Aquí podedes ver algunhas bonitas fotos enviadas polos lectores e lectoras do centro:




Co gallo da celebración do Día do Libro, tres alumnos de 4º de ESO (Jacobo Tajuelo, Nayra Pérez e Sofía Álvarez) propuxeron a preciosa actividade titulada Un río de palabras

Esta actividade consistiu en que os alumnos e alumnas recomendasen un libro a modo de anuncio no que as persoas interesadas puidesen coller a referencia do libro e con el solicitar o libro na biblioteca. Podedes ver as recomendacións no taboleiro de cortiza situado á esquerda da parte da biblioteca. Se vos gusta algún fragmento, arrincade a referencia e pedide o libro en empréstito na biblioteca!!




Nesta ligazón podedes ver propostas para o Día Internacional do Libro feitas por diferentes bibliotecas escolares de Galiza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario