26/04/21

Let's swing!!! 2020-2021

Os alumnos e alumnas de 4º ESO da materia de Historia Contemporánea están a investigar sobre a historia cotiá no período de entreguerras e, dentro desa historia cotiá, están a centrarse na sociedade da era do Jazz en Estados Unidos, Europa, España e Galicia. Esta investigación está ao abeiro do proxecto Educación Patrimonial, do Plan Proxecta, no que estamos a estudar a historia contemporánea do centro en relación co Camiño de Santiago.

Os alumnos e alumnas investigaron sobre a orixe africana da música jazz e o baile asociado e como foi posteriormente asimilado pola poboación branca, as figuras máis representativas do swing masculinas e femininas, o contexto histórico no que xorde nos Estados Unidos e como desde alí se espalla e se incorpora no contexto histórico e social de Europa. 

Os galegos e galegas non foron alleos ao engado da música jazz e os seus diferentes bailes. En Santiago de Compostela documéntase a existencia de espectáculos de jazz e bailes desde o 1926 en locais como o Café Casino, o Gran café central, o Saboy café, ou o American Bar no antigo pabellón da Ferradura. Preme nesta ligazón se queres saber máis sobre o tema.

Polo de agora non atopamos en Ames información sobre espectáculos de swing no municipio, mais Ames si ten un papel importante para a historia de Galicia nesta época pois no 1923 fúndase o Seminario de Estudos Galegos (SEG), na casa da Tarroeira onde se criou Rosalía de Castro. Este seminario seguirá activo ata  o18 de xullo 1936, cando será desmantelado polo fascismo. Podemos ver nas diferentes fotos dos membros do SEG que vestían ao xeito da época ao igual que se facía no resto de Europa.

Os alumnos e alumnas tamén se documentaron  sobre a roupa, os accesorios, o peiteado, o estilo e o modo de vida da época e recrearon o aspecto da época así como diferentes pasos de baile. Preme aquí e aquí para ver dous exemplos dos bailes preparados polos alumnos e alumnas.





O día 26 de abril os alumnos e alumnas participaron nun obradoiro de baile swing co profesor de baile Carlos Tomico, da Academia Alfaia (Santiago de Compostela). 

Co resultado das súas investigación, os alumnos convertíronse en mozos e mozas dos anos 30, e coa axuda do profesor Carlos Tomico transformaron a entrada do instituto nun Savoy ballroom do século XXI no que aprenderon a bailar o Shim Sham, un dos bailes máis bailados na época, e aínda na actualidade, polo seguidores do baile Swing.




No espazo Maruxa Mallo podedes ver unha exposición sobre Jazz e Swing no seu contexto histórico con obxectos da época e/ou ambientados na época, así como unha compilación de libros e películas que tratan o período.

A seguir deixámosvos unha canción relacionada coa música Jazz e a súa evolución suxerida polo alumno Pablo Martínez. Se quedades con ganas de escoitar máis, podedes consultar nesta ligazón a playlist das 33 cancións preferidas de Pablo deste estilo e estilos achegados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario