O día 21 de marzo e/ou 22 de abril celébrase o Día Internacional da Terra. A efemérede foi creada a finais da década de 1960 ao abeiro do movemento ecoloxista. Creouse tras seren observados os primeiros indicios alarmantes da degradación do planeta, como un xeito de concienciar á humanidade do seu impacto no planeta e da súa responsabilidade de evitar ese impacto e contribuír positivamente á conservación do planeta.
Foi elixido o 21 de marzo para esta celebración por coincidir co equinoccio de primavera. Este é o bonito doodle que publicou Google para celebrar este días:
Os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato da materia de Xeografía realizaron unha investigación titulada Contrarreloxo coa emerxencia climática, e realizaron uns carteis e uns vídeos co obxectivo de concienciar á comunidade educativa da necesidade de cambiar o noso estilo de vida para frear o cambio climático e o impacto do mesmo sobre o planeta e a humanidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario