20/04/21

Un paseo polo universo

O Día da Astronomía é un evento creado en Estados no 1973 que logo se estendeu arredor do mundo. Neste día promóvese a interacción entre o público xeral e astrónomos e astrónomas afeccionados e profesionais.

Ao primeiro este evento celebrábase en primavera, mais desde 2007 celébrase dúas veces ao ano, en primavera e outono.

O Día Internacional da Astronomía non ten unha data concreta senón que varía dun ano para outro en relación á influencia lunar.

Con motivo do Día da Astronomía, o Departamento de Matemáticas, coa colaboración  do Clube Compostelán de Astronomía VEGA instalou no espazo Maruxa Mallo, enfronte da biblioteca, a fascinante exposición Decálogo do Astrónomo Afeccionado.

Nesta exposición podedes ver 10 carteis cos obxectos celestes que as persoas afeccionadas a esta ciencia saen a observar e/ou fotografar. 

Cada cartel ten un código QR que podedes ler co móbil para entrar a unhas "audioguías" onde se explican cada un dos obxectos. 

Amais dos carteis, atoparedes unha mostra de libros, revistas, vídeos e información en diferentes formatos sobre Astronomía.

Non perdades esta marabillosa oportunidade de achegarvos aos misterios do universo! Animádevos tamén a facer a enquisa de satisfacción recollida nun dos códigos QR pois é moi curtiña e pode dar información moi útil para futuras actividades.

Para calquera dúbida ou suxestión podedes dirixirvos a Carmen Castro, profesora do Departamento de Matemáticas e organizadora da exposición.





Ningún comentario:

Publicar un comentario