14/04/21

Iria Pérez Álvarez gaña o Premio Minerva de Poesía

Iria Pérez Álvarez, alumna de 2º de Bacharelato C no noso centro, gañou o 1º premio do Premio Literario Minerva XLIX organizado polo Colexio Manuel Peleteiro, na modalidade de poesía, polo seu traballo Triloxía utópica cuarentenaica.

O Premio Literario Minerva, celébrase anualmente desde 1963 no ámbito de toda Galicia e conta cun prestixio ben afianzado. Entre as persoas premiadas ao longo do tempo están figuras da cultura galega tan recoñecidas como Darío X. Cabana, Xesús Rábade, Lois Diéguez, Ánxeles Penas, Fernando Ónega, Suso de Toro, Xavier Queipo, X. A. Neira Cruz, Berta Dávila ou Olga Novo.

Hoxe, 14 de abril, desenvolveuse a cerimonia de entrega de premios. Deixámosvos a seguir unhas fotos do acto:


Desde a Biblioteca do centro dámoslle a Iria os nosos máis sinceiros parabéns e animámola a que siga, nas súas propias palabras, tinguindo o folio de respostas sen preguntas. Temos a certeza de que o fará!

Ningún comentario:

Publicar un comentario