O IES Plurilingüe de Ames gañou o Concurso-Exposición Letras Galegas 2021, convocado pola Xunta de Galicia, na categoría de centros e niveis educativos de ESO, Bacharelato, FP e Educación Especial.
A Xunta de Galicia convocou o concurso co obxectivo de poñer en valor e dar a coñecer a autora Xela Arias a quen a Real Academia Galega (RAG) dedica o Día das Letras Galegas 2021. O concurso buscaba premiar á proposta que presentase o mellor conxunto de carteis xunto cunha unidade didáctica sobre a vida e obra da autora.
Parte do equipo co profesor Carlos Negro, coordinador do proxecto. |
O centro presentou a proposta titulada Abecedáriome realizada polo polos alumnos e alumnas de 2º de bacharelato nun proxecto coordinado polo profesor Carlos Negro, no que participaron os departamentos de Educación Plástica e Visual, Lingua Galega e Literatura, Latín, Música e Xeografía e Historia.
O xurado destacou que "o equipo de traballo conseguiu plasmar a vida, a obra e a época de Xela Arias a través dun harmonioso conxunto de carteis que destacan pola súa modernidade e pola acertada selección da información, amais da súa unidade, perfección técnica e calidade lingüística".
Desde a Biblioteca damos os parabéns a todos o equipo participante e en especial aos alumnos e alumnas participantes por este traballo e recoñecemento. Moitos parabéns!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario