O 23 de marzo celébrase o Día Mundial da Meteoroloxía, para conmemorar o día da creación da Organización Mundial da Meteoroloxía en 1950.
Esta organización anuncia cada ano un slogan para o Día Mundial da Meteoroloxía. O slogan deste ano 2021 é O océano, o noso clima e o noso tempo.
Os alumnos de 3 ESO C levaban desde xaneiro pensando e planificando como ter unha estación meteorolóxica no centro e sobre todo onde colocala, pois é moi importante que estea situada á altura axeitada e nun lugar ben exposto aos fenómenos meteorolóxicos para que os datos que recolla sexan fiables.
Aínda que pareza tarefa doada non o é. O noso eido non ten moitos lugares nos que as edificicacións non interfiran coa lectura meteorolóxica, pero entre todos e todas fomos definindo o mellor lugar dentro das posibilidades existentes.
En marzo chegou por fin a estación meteorolóxica e axiña a montamos. É unha estación meteorolóxica automatizada cuxos datos son compartidos automaticamente en rede para calquera persoa ou colectivo que queira usala. Con ela poderemos facer un seguimento da meteoroloxía do centro e tamén contribuír á ciencia cidadá poñendo os datos a disposición de toda a sociedade.
Finalmente decidimos que o mellor sitio onde colocada era o xardín do NL do centro e, grazas a axuda de Abel, encargado do mantemento do centro, puidemos colocala a dous metros e medio de altura. Xa podedes consultar a información en Weather cloud. Se intentades conectarvos e vedes que non funciona, non dubidedes en dicírnolo pois aínda estamos intentando resolver algúns problemiñas técnicos e a vosa axuda seranos de grande utilidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario