26/03/21

Día mundial dos bosques

En 2012 o UNESCO estableceu o Día Internacional dos bosques que se celebra desde entón cada 21 de marzo. Este día pretende crear conciencia da importancia dos bosques autóctonos e das árbores fóra dos bosques. 

No eido do noso instituto existen pequenas zonas de bosquetes que son pequenos remansos de tranquilidade e de vida para a flora e fauna autóctona. Os alumnos e alumnas de 3º ESO A e C están levando a cabo unha campaña de coidado dos pequenos bosques situados no NW e no SW do centro, así como na zona N, que malia a ter árbores introducidas, tamén presenta exemplares de vexetación autóctona. 

Esta campaña consiste na observación e documentación das especies, realización de campañas de recollida de lixo, observación da natureza e desenvolvemento de ideas para unha mellor conservación do espazo tanto desde o punto de vista natural como social.

Esta iniciativa estase a realizar dentro dos proxectos Terra e Educación Patrimonial do Plan Proxecta, e do PFPP sobre  sostibilidade no centro.

Invitámosvos a que desfrutedes da natureza do eido do noso centro e que vos unades á conservación dos bosques e as árbores autóctonas que temos máis preto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario