17/03/21

Día Internacional da Poesía

 O 21 de marzo celébrase o Día Internacional da Poesía. Este día foi declarado pola UNESCO en 1999 "co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e aumentar as oportunidades para que as linguas en perigo sexan escoitadas".

No Día Internacional da Poesía promóvese a lectura, escritura, publicación e ensino da poesía arredor do mundo para dinamizar os movementos poéticos rexionais, nacionais e internacionais.

A Real Academia da Lingua Galega (RAG) celebra este día homenaxeando a  Xosé Luís Franco Grande, poeta e membro da Real Academia Galega finado en 2020. 

Ao longo desta semana publicaranse en academia.gal e nas redes sociais unha serie de vídeos nos que distintos membros da RAG recitan poemas escritos por Xosé Luís Franco Grande e recordan a súa figura.

A seguir podedes ver un vídeo no que participan as fillas do académico, Navia e Rosalía Franco Barreiro. 

Non deixes de visitar a nosa exposición de libros de poesía no espazo Maruxa Mallo en fronte da biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario