Tamén se detecta un número moi elevado de lixo procedente das propias aulas que son guindadas polas ventás tales como material escolar tanto privado como comunitario do centro. Podemos observar este material nas zonas que abeiran as fachadas W e L do edificio, así como nas beiras e na cuberta do patio central.
O cruzamento da información recabada con entrevistas na cafetería sobre os hábitos de consumo e a observación do lixo no eido permitiron tamén tirar conclusións sobre o uso do espazo.
O alumnado do primeiro ciclo de ESO tende a consumir máis iogures bebibles e zumes, que aparecen sobre todo na parte Norte do eido, na parte de diante do instituto. Os alumnos e alumnas de bacharelato consumen café e bebidas refrescantes, deixando lixo de latas e vasos desbotables na zona Sur e Oeste maioritariamente. As cabichas documéntase maioritariamente no ángulo SL do eido. Nesa zona documéntanse tamén elementos alleos ao instituto como unha bicicleta infantil,botellas de alcohol e pintadas, que parecen estar relacionadas con grupos de persoas que veñen ao instituto ás agochadas nas fins de semana.
Os alumnos e alumnas no seu estudo tamén documentaron que existen 20 papeleiras distribuídas polo eido do centro e que en todas as áreas do eido hai algunha papeleira preto. Ademais, observouse que moitas papeleiras están baleiras
Vese que o problema non son as papeleiras, pois estes elementos son tirados desde as aulas, de xeito plenamente consciente, incorrendo deste modo en diferentes accións moi pouco sostibles e irrespectuosas: tírase material en boas condicións de usabilidade, créase basuraleza no patio e ponse en risco a persoas que poden pasar nese momento por debaixo das ventás.
Pero a parte positiva é que podemos solucionar este problema!! A maioría xa estamos concienciados e concienciadas da necesidade de non tirar lixo e, aínda mellor, non xeralo, tendo en mente o obxectivo de residuos 0. Esperamos que moi axiña todos e todas entendamos a importancia de non xerar lixo e xa nin sexan necesarias as papeleiras. Seguro que o conseguimos!!
Deixámosvos unha imaxe do sector NW despois dunha campaña de limpeza. Sen basuraleza a nosa carballeira é moito máis saudable medioambientalmente e agradable socialmente. Conservémola así!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario